Ir o contido principal

Convocatoria de bolsas de posgrao no estranxeiro para a realización de Másteres, doutoramentos e estadías de investigación

Universitarios que residan en Galicia como mínimo dende o 1 de xaneiro de 2008, con nacionalidade española, que teñan realizado os seus estudos superior no Sistema Universitario Galego, nacidos despois de 1971 e altamente motivados para completar un proxecto de formación de posgrao e de investigación claro e de impacto social. Este é o perfil das persoas interesadas en solicitar algunhas das 32 bolsas de posgrao que este ano outorgará a Fundación Pedro Barrié de la Maza para a realización de másteres, doutoramentos e estadías de investigación en centros de Europa, Estados Unidos e Asia. Trátase dunha convocatoria á que se poden presentar solicitudes ata o 31 de marzo cunha dotación ao nivel dos mellores programas de bolsas internacionais e entre as máis altas das convocatorias españolas. Aberta a calquera especialidade, a convocatoria priorizará aqueles proxectos que se consideren de maior impacto social para Galicia. En total outorgaranse 10 bolsas para Estados Unidos, 20 para Europa e as dúas restantes para Asia.

Para acadar máis información sobre estas convocatoria, as persoas interesadas poden visitar á páxina web da Fundación Pedro Barrié de la Maza (http://www.becariosbarrie.org ou http://www.bolseirosbarrie.org).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.01.2011.