Ir o contido principal

Crenzas e mitos da Idade Media, novo curso de verán en xuño

Crenzas e mitos da Idade Media, novo curso de verán en xuño
Crenzas e mitos da Idade Media, novo curso de verán en xuño

Dar a coñecer a sociedade e cultura medievais en todos os seus ámbitos e todo aquilo que legou á posterioridade, facendo fincapé nos campos da literatura, arquitectura, escultura ou outras disciplinas afíns é o obxectivo dun curso de verán que se desenvolverá en Santiago dos días 14 ao 16 de xuño. A matrícula remata este venres 2.

O curso ‘ Retazos da arte e da cultura na Idade Media (IV): historias, crenzas e mitos’ que dirixen David Chao Castro e Mª Dolores Fraga Sampedro inclúe, ademais de relatorios a cargo de especialistas de prestixio, unha visita cultural ao Castelo de Pambre, Santa Eulalia de Bóveda e á cidade de Lugo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.06.2017.