Un curso debaterá en Filosofía sobre ‘Vida digna, morte digna’
‘Vida digna, morte digna’ é o lema dun curso de verán que entre os días 15 e 18 de xullo na Facultade de Filosofía cuxo obxectivo será a exposición, estudo e debate do problema da “morte digna” e da carencia dunha lexislación que a regule, e así como do momento da loita civil a prol desta lexislación. A xornada servirá tamén para profundar na aproximación filosófica á cuestión da “ vida digna”.
O programa deseñado reunirá a participación de profesionais das Ciencias da Saúde, o Dereito ou a Filosofía para abordar, entre outras cuestións, a dimensión política deste tema, o papel da atención primaria ao final da vida, a eutanasia como dereito fundamental, o papel de concellos e parlamentos autonómicos ou consideracóns dende o dereito penal. As persoas interesadas poden acadar máis información e formalizar a matrícula a través da web da Universidade de Verán da USC.