Ir o contido principal

O curso de divulgación ‘Química, a ciencia que envolve a nosa vida’ alcanza a súa oitava edición

O curso de divulgación ‘Química, a ciencia que envolve a nosa vida’ alcanza a súa oitava edición
O curso de divulgación ‘Química, a ciencia que envolve a nosa vida’ alcanza a súa oitava edición

O curso de ‘ Divulgación: química, a ciencia que envolve a nosa vida’ desenvolverá entre os días 11 e 14 de xuño a súa oitava edición baixo a dirección das profesoras Pilar Bermejo Barrera e Carmen N. García Jares, co financiamento da Deputación da Coruña. O seu obxectivo é dar a coñecer que é a Química no século XXI e como se relaciona con outras ciencias, achegando exemplos que demostran que a maioría das actividades, o desenvolvemento e comodidades que forman parte da vida cotiá están a ser proporcionadas ou teñen un alto compoñente de Química. O prazo de inscrición rematará o próximo 31 de maio.

A importancia económica da industria química, o control de contaminantes orgánicos antropoxénicos no medio mariño de Galicia, identificación e análises de drogas de abuso ou novas substancias psicoactivas no laboratorio de toxicoloxía, son algúns dos temas que se tratarán no primeiro día do curso. O programa continuará abordando cuestións relativas aos novos medicamentos biolóxicos, a química no coñecemento e descubrimento de fármacos ou ao papel da química na saúde.

No terceiro día do encontro falarase sobre a presenza da química na gastronomía, incluíndo unha visita didáctica ao Centro Superior de Hostalaría de Galicia, e celebrarase unha obradoiro multidiscplinar sobre logros e retos da química do século XXI.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.05.2019.