Ir o contido principal

Un curso en Filosofía analizará a relación entre poesía, verdade e filosofía arredor de Platón

Un curso en Filosofía analizará a relación entre poesía, verdade e filosofía arredor de Platón
Un curso en Filosofía analizará a relación entre poesía, verdade e filosofía arredor de Platón

‘Poesía, verdade e filosofía: Platón e nós’ é o lema do curso de verán que se vai celebrar na Facultade de Filosofía os días 16 e 17 de xuño co financiado polo grupo de investigación de ‘ Estudos Clásicos e Medievais da USC.

Na primeira xornada Gregorio Luri abrirá o programa co relatorio ‘Platón: filosofía e poesía. Unha palaia diaphora’ e continuará da man de Yolanda García López cunha intervención arredor de Homero e Empédocles para analizar o símbolo relixioso como linguaxe común de poesía e filosofía. A presenza de Enrique García-Máiquez para realizar unha lectura comentada dos seus poemas, pechará a sesión matinal. Xa pola tarde, Cesáreo Bandera referirase á parábola evanxélica fronte á ficción poética de Homero e Shakespeare e Cervantes.

O día 17 comezará co relatorio de José María Anguita sobre a poesía e filosofía na Idade Media latina, a quen seguirá Armando Pego cunha reflexión sobre a dimensión como dramaturgo e filósofo de Shakespeare. Completará o programa Miguel d’Ors cunha lectura comentada dos seus poemas e Enrique García-Máiquez coa intervención titulada ‘Poesía española contemporánea e verdade’.

Matrícula
A matrícula tanto neste curso como nos restantes que iniciarán a súa programación a partir do próximo 13 de xuño xa se pode formalizar tanto a través da web como de xeito presencial e estenderase ata aproximadamente dez días antes antes do inicio do curso en cuestión.

Sempre e cando se asista ao 80% das horas lectivas, as persoas inscritas recibirán un diploma acreditativo da súa participación. A USC recoñece os cursos de verán 2016 a efectos de créditos para o estudantado: dous créditos para cada curso de 25 ou máis horas e un crédito polos de menos de 25 horas (en todo caso, ata un máximo de seis créditos en total). A taxa xeral de matrícula é de 120 euros para os cursos de máis carga lectiva e de 70 para os de menos de 25 horas. Ademais, existe unha taxa reducida (de 70 e 40 euros, respectivamente) aplicable a alumnado universitario, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, persoas en situación de desemprego, socios/as da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC e PDI e PAS da USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.05.2016.