Ir o contido principal

I Curso superior de experto universitario en Avaliación para os Servizos Sanitarios

Dirixido a todos os profesionais que traballen no ámbito sanitario
Dirixido a todos os profesionais que traballen no ámbito sanitario
Dirixido a todos os profesionais que traballen no ámbito sanitario

A Universidade de Santiago de Compostela e a Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (avalia-t, ACIS) organizan o I Curso superior de experto universitario en Avaliación para os Servizos Sanitarios, dirixido a todos os profesionais que traballen no ámbito sanitario e desexen reforzar as súas capacidades de análise crítica e toma de decisións baseadas na evidencia.

O programa abarca desde a investigación e regulación das tecnoloxías sanitarias ata a súa avaliación económica previa á inclusión en carteira, proporcionando os coñecementos esenciais para comprender a regulación española e europea, as dinámicas de financiamento e os sistemas de información. O curso inclúe tamén aspectos novidosos como o papel da intelixencia artificial e o uso de Big-Data para a optimización da atención en saúde.

O obxectivo é proporcionar unha formación integral e especializada que axudará a realizar unha toma de decisións informada en temas relacionados con medicamentos, produtos sanitarios ou outras intervencións no ámbito da Saúde.

O curso, de 20 créditos, comezará o 17 de febreiro de 2025 e impartirase en formato non presencial. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 31.01.2025.