Ir o contido principal

Un curso de verán sobre turismo analizará formas de viaxar de xeito sostible

Un curso de verán sobre turismo analizará formas de viaxar de xeito sostible
Un curso de verán sobre turismo analizará formas de viaxar de xeito sostible

A Universidade de Verán 2018 ofrece un curso sobre Slow Tourism e formas de viaxar de xeito sostible entre os días 3 e 7 de setembro na Escola Superior de Enxeñería (Santiago). A matrícula pode formalizarse de xeito presencial ou a través da páxina web ata o próximo 24 de agosto.

O curso, dirixido por Rocío García Carregal, ten como obxectivo dar visibilidade ao impacto do turismo como ocupación territorial e uso dos recursos. Nas xornadas presentarase outra forma de xestión turística na que se faga fincapé no desenvolvemento económico e a sustentabilidade ambiental.

As xornadas inclúen contido sobre as implicacións económicas da xestión turística dende o desenvolvemento sostible e a ocupación territorial e xestión patrimonial, así como a pegada ecolóxica asociada ao turismo. Ademais, presentarán novas formas de turismo gastronómico, o turismo de natureza e voluntariado ambiental e as potencialidades do turismo astronómico.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 31.07.2018.