Ir o contido principal

Cursos Internacionais organiza unha formación para profesorado de español como lingua estranxeira

Imaxe de arquivo dunha clase na USC. FOTO: Santi Alvite
Imaxe de arquivo dunha clase na USC. FOTO: Santi Alvite
A actividade integrada por dous módulos desenvolverase a partir de xullo e conta co recoñecemento do Instituto Cervantes
Lugo, Santiago de Compostela

Cursos Internacionais da USC organiza o vindeiro mes de xullo un Curso de Formación Inicial para profesorado de español como lingua estranxeira que conta co recoñecemento do Instituto Cervantes.  O Módulo 1 desenvolverase do 10 ao 21 de xullo, mentres que o Módulo 2 terá lugar entre o 16 e o 20 de outubro e é de carácter optativo.

Esta actividade está dirixida a estudantes de último curso ou titulados en áreas como Filoloxía, Linguas, Ciencias da Educación, Humanidades, e outras especialidades de carácter humanístico, así como a diferentes perfís interesados en iniciarse no sector de Español para Estranxeiros (ELE).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.05.2023.