Ir o contido principal

A delegada da Xunta clausura este martes o obradoiro de emprego da Aula de Produtos Lácteos

O obradoiro de emprego da Aula de Produtos Lácteos ‘Interleite 2.0’ será clausurado este martes ás 11:00. O acto, que se celebrará nas instalacións da Aula contará coa presenza da delegada provincial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, o director da Aula de Produtos Lácteos, Juan Méndez, e a directora do obradoiro, Elena López

Trinta persoas, maiores de 25 anos e en paro, participaron no obradoiro de emprego ‘Interleite 2.0’, o cuarto que se desenvolve na Aula. Neste caso, os alumnos foron formados a nivel teórico e práctico en materia de novas tecnoloxías en relación coa actividade de produción láctea e coa formación impartida on line a través da Aula da USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.12.2010.