Ir o contido principal

Deseñan un buscador de opinións en liña sobre o Camiño de Santiago

O Grupo de Sistema Intelixentes da USC acaba de crear unha aplicación que permite a busca en páxinas web sociais das opinións dos peregrinos respectos das súas experiencias no Camiño de Santiago. Trátase de O!Search, un buscador vertical enfocado ao dominio do Camiño compostelán para o que se utilizaron tecnoloxías propias dos campos de Recuperación da Información e Aprendizaxe Automática. O obxectivo da aplicación e facilitar a localización de información relevante a partir de consultas de texto expresadas polos usuarios dos blogs e a estimación da subxectividade e polaridade das opinións vertidas. Deste xeito, os usuarios da aplicación poderán realizar escollas que ofrezan unha visión dos peregrinos sobre distintos aspectos da súa peregrinación, como o estado de determinados aloxamentos, a calidade e prezo dun determinado local gastronómico ou a pertinencia de visitar un monumento en particular. O investigador David Losada, director de O!Search, explica que este buscador especializado posúe unha grande aplicabilidade non só no ámbito da busca de opinións sobre o Camiño de Santiago senón en todos aqueles dominios onde resulte de interese monitorizar as opinións de usuarios, clientes e compradores de produtos ou servizos de distinta índole.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.11.2010.