Ir o contido principal

Docentes universitarios de matemáticas para a economía e a empresa reúnense na USC

Docentes universitarios de matemáticas para a economía e a empresa reúnense na USC
Docentes universitarios de matemáticas para a economía e a empresa reúnense na USC

Máis dun centenar de docentes universitarios de matemáticas para a economía e a empresa participan esta semana en Santiago nun encontro internacional que supón a décimo oitava xuntanza da asociación que aglutina a estes profesores e investigadores, Asepuma. De carácter internacional, o encontro inaugurouse este xoves na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais nun acto que presidiu o reitor compostelán, Juan Casares. A continuación, o profesor de Medicina José Carro Otero pronunciou a conferencia ‘O Camiño de Santiago: aspectos económicos’. Ata este venres desenvolveranse unha serie de sesións simultáneas con comunicacións que abordarán cuestións relacionadas, entre outras, con docencia, métodos estatísticos, matemáticas financeiras e Actuariais, aspectos cuantitativos do fenómeno económico, programación matemática e métodos cuantitativos e educación, deporte, turismo e informática aplicada. A xuntanza rematará na mañá do venres cunha mesa redonda sobre investigación e docencia en economía cuantitativa.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.09.2010.