Ir o contido principal

Dous ouros, unha prata e un bronce, balance do equipo da USC no Campionato de España universitarios de orientación

En modalidade Sprint, Rosa Mª Pernas alcanzou o ouro e Margarita Balboa a prata
En modalidade Sprint, Rosa Mª Pernas alcanzou o ouro e Margarita Balboa a prata
Rosa María Pernas proclamouse campioa de España nas modalidades sprint e carreira media

As representantes da USC no Campionato de España universitarios de Orientación nas especialidades de sprints, relevos clásicos e media colectaron dúas medallas de ouro, outra de prata e unha terceira de bronce.

Na modalidade de sprint, e concretamente na categoría F-55, proclamáronse campioa e subcampioa, Rosa María Pernas e Margarita Balboa, respectivamente. Neste mesma categoría pero na modalidade de carreira media, repetiu no primeiro posto Rosa María Pernas, mentres que Carla Muñiz rematou en terceira posición na categoría F-12.

En relevos clásicos Rosa María Pernas e Margarita Balboa integraron, xunto con Begoña Crespo, de Vigo, o equipo que representou á Federación Galega desta disciplina, proclamándose campión de España na categoría de Veteranas C.

En media distancia, Rosa Mª Pernas tamén subiu ao máis alto do podio O equipo galego proclamouse campión de España en Veteranas C

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.04.2019.