As editoriais universitarias españolas celebran a súa xuntanza anual en Santiago
A Unión de Editoriales Universitarias Españolas (UNE) celebrará en Santiago de Compostela a súa xuntanza anual a partir do vindeiro xoves 11, estendéndose o encontro ata o sábado 13. Constituída en 1987, a UNE agrupa ás editoriais e servizos de publicacións das universidades e centros de investigación españois. A xuntanza desenvolverase baixo o lema ‘Os retos da edición da sociedade do saber’. Serán dous días de conferencias nos que se profundará nos desafíos dos servizos editoriais universitarios, coas vistas postas nos retos formulados polo Espazo Europeo de Educación Superior, a visibilidade das revistas científicas en español, o libro dixital no espazo académico ou os soportes de lectura dixitais, entre outros asuntos. No transcurso desta asemblea celebrarase ademais a entrega do Premios Nacionais de Edición Universitaria e as xuntanzas dos órganos estatutarios.