Especialistas europeos e americanos participan nas terceiras xornadas internacionais de actualización en Filoloxía Clásica
O grupo de investigación Filoloxía Clásica organiza o vindeiro luns 8 e martes 9 a terceira edición das súas Xornadas Internacionais de Actualización. Especialistas e investigadores chegados de Holanda, Reino Unido, Estados Unidos e Italia impartirán os relatorios nos que se vertebra este encontro.
A primeira cita será o luns 8, a partir das 10:00 horas, cando o profeso rda Universidade de Leiden Michiel de Vaan presente a súa intervención sobre "Os verbos en -ā- do latín". Seguiralle Helen Lovait, da Universidade de Nottingham, co relatorio "Heroic bodies: erotics, fragmentation and fetishization". Completando a primeira xornada, xa pola tarde a partir das 16:30 horas, o investigador da Universidade de Georgetown Charles McNellis presentará "Troilus and Eros Roman Epic".
O programa do martes 9 comezará ás 10:00 horas co tema "A análise das linguas clásicas entre diacrónica e teoría", a cargo do docente da Università degli Studi di Bergamo Pierluigi Cuzzolin. Rematarán estas xornadas de actualización en Filoloxía Clásica coa intervención de Helma Dik, da Universidade de Chicago, sobre "Working on the Corpus".