Ir o contido principal

Estudan en perspectiva legal os retos futuros da prestación de servizos sanitarios

UNIVERSIDADE DE VERÁN 2010

O consentimento informado como obriga do profesional sanitario e dereito do doente na recente xurisprudencia, a proba no ámbito sanitario, a prescrición de medicamentos polos profesionais sanitarios ou as consideracións centrarán os debates da segunda edición do curso de verán ‘ A prestación de servizos sanitarios ante os retos do século XXI’ que se vai celebrar os días 9 e 10 de setembro no Salón de Graos da Facultade de Dereito. Ao longo deste dous días de encontro entre profesionais e estudosos dos ámbitos legal e sanitario, outros asuntos que serán obxecto de estudo son a calidade asistencial e a organización da prestación de servizos sanitarios, a prestación destes servizos a través de sociedades profesionais e doutras formas de organización empresarial e o seguro de responsabilidade civil profesional no ámbito médico-sanitario.

As intervencións impartiranas docentes das universidades de Granada, Salamanca, Valladolid, Vigo e da propia USC, xunto aos que tamén estarán representantes da administración autonómica e directivos da sanitaria. O curso conta co financiamento da Fundación Mapfre.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.07.2010.