Estudantes de Xornalismo colaboran coa Fundación Down Compostela para concienciar ao alumnado da USC
A campaña de concienciación Miradas da Fundación Down Compostela non para de dar os seus froitos. Nesta ocasión, un grupo de estudantes de xornalismo da USC ofreceuse a colaborar coa entidade en aras de buscar a normalización das persoas con esta Síndrome entre o alumnado da Universidade de Santiago. Conscientes da gran capacidade de proxección das redes sociais están a pór en marcha unha estratexia comunicativa coa que incrementar os seguidores do perfil de Facebook da Fundación e así conseguir a maior visibilidade posible dos contidos (posts informativos e material audiovisual). Só hai que ir a ese perfil e facerse seguidor. A campaña acompáñase dun vídeo realizado polo alumnado.