Ir o contido principal

A ética, os valores e o compromiso social protagonizaron a segunda sesión de tarde do IV Congreso Internacional Historia a Debate

O profesor Carlos Barros impartiu a segunda conferencia plenaria do IV Congreso Internacional de Historia a Debate cunha intervención na que manifestou a necesidade dunha utilidade social e unha historiografía de valores xunto cun ensino comprometido co alumnado e a sociedade. A Historia definida como “mestra da vida que contribúe a mellorar o mundo” é cada vez mais obxecto de interese de todos os suxeitos políticos e sociais de maneira que, engadiu o coordinador do Congreso, “esixe abordar o presente con certa ética e compromiso que debe existir no profesional e fóra del”. Para Carlos Barros, a globalización supuxo que “valores importantes dende a ilustración estean agora xeralizados” nun proceso onde, como aspectos negativo, “atopamos que a economía e os mercados financeiros se están impoñendo á democracia, sendo os valores a gran vítima da crise”.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.12.2010.