Ir o contido principal

Expertos internacionais abordan na USC a xestión do talento

Unha charla dos profesores norteamericanos Joseph Renzulli eSally M. Reis pecha o programa do curso intensivo sobre xestión do talento que imparte na USC. Trátase dunha iniciativa da Unidade de Atención Educativa en Altas Capacidades da USC e da Fundación Barrié denominada TALENTO 3.0 que reúne estes días en Santiago a 50 profesores de primaria e secundaria e que inclúe conferencias e talleres impartidos por profesionais de prestixio internacional. A charla titulada As grandes ideas sobre o desenvolvemento do talento, celébrase o martes 3 ás 18.15 no Paraninfo da Universidade é aberta ao público e estará presidida polo reitor Juan Casares. Renzulli e Reis falarán, nas súas intervencións, das claves fundamentais de calquera programa de aproveitamento do talento como son a identificación das altas capacidades na xuventude e os métodos para desenvolvelas. Os profesores explicarán os programas que se levan a cabo na Universidade de Connecticut, onde dirixen un centro de investigación de altas capacidades que é referencia a nivel mundial. A charla será en inglés e pódese seguir en Twitter cos hastaghs #talentoBarrié e #altascapacidades. O profesor Renzulli é director del Neag National Research Center on the Gifted and Talented de la Universidad de Connecticut, un dos centros de investigación de referencia internacional no campo das altas capacidades a nivel mundial. En 2009 foi o gañador do Harold W. McGraw, Jr. Prize in Education, considerado por moitos o Nobel da Educación. A American Psychological Association designouno entre os 25 psicólogos máis influentes do mundo. É doctor honoris causa por varias universidades e ten un inxente currículum como investigador e profesor en universidades europeas e americanas. Sally M. Reis é profesora distinguida no departamento de Psicoloxía da Educación da Universidad de Connecticut , onde tamén desempeña o seu labor como Investigadora Principal do Centro Nacional de Investigación sobre o talento. É autora de máis de 130 artígos, 14 libros, 60 capítulos de libros e numerosas monografías e informes técnicos . Recentemente foi galardoada co premio máis importante no seu campo, o Distinguished Scholar of the National Association for Gifted Children. Talento 3.0 A charla dos profesores Renzulli e Reis enmárcase no programa Talento 3.0, un curso intensivo para profesores de primaria e secundaria sobre a xestión do talento nas aulas e desenvolto pola A Unidade de Atención Educativa en Altas Capacidades da USC e a Fundación Barrié. Durante catro días os seus 50 participantes asisten a talleres seminarios e charlas baixo a dirección de expertos internacionais. O programa Talento 3.0 que está baseado nun estudo de campo realizado o ano pasado polo investigador David Gómez, grazas á colaboración da Fundación Barrié, en catro universidades dos Estados Unidos referentes a nivel mundial en formación do profesorado (Virxinia, Connecticut, Johns Hopkins e Harvard) e nas que Gómez, pertencente ao equipo de investigación dirixido pola profesora de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da USC Carmen Pomar, experta na formación en altas capacidades, desenvolveu unha estadía de investigación.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.06.2014.