A exposición ‘Compostela. Un ano de Voz’ inaugúrase o martes en Fonseca
O reitor Juan Casares presidirá este martes 21 a inauguración da mostra ‘Compostela. Un ano de Voz’ á que está prevista que asista o alcalde Xosé Sánchez Bugallo; o secretario Xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro; e o director de La Voz de Galicia, José Luis Vilela. Tamén estarán presentes o vicerreitor de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade, Javier Garbayo; o delegado do Grupo Voz de Galicia, Ignacio Carballo; e Xoán Soler en representación do equipo de reporteiros gráficos do xornal. O acto inauguración celebrarase a partir das 19:30 horas no Colexio de Fonseca. Este ano cúmprese a décimo terceira edición dunha mostra que é xa cita obrigada dentro da oferta expositiva de Santiago e máis particularmente no relativo ao fotoxornalismo. Os visitantes atoparán nesta exposición o traballo de Xoan A. Soler, Álvaro Ballesteros, Paco Rodríguez e Carlos Golgoso retratando os acontecementos máis significativos en Compostela ao longo de 2010.