Ir o contido principal

A Facultade de Bioloxía homenaxea a Antonio Casares

O ‘Ano Antonio Casares Rodríguez (1812-2012)’ conmemora o douscentos aniversario do nacemento do pai da Química moderna en Galicia

Proseguindo coas actividades do Ano Antonio Casares Rodríguez (1812-2012) que a USC leva a cabo no douscentos aniversario do nacemento do considerado pai da Química moderna en Galicia, a Facultade de Bioloxía acolle este martes 13 unha homenaxe ao que ademais fora reitor da institución académica. O acto terá lugar ás 12.00 horas na Aula Magna do centro presidido polo reitor Juan Casares Long e nel intervirá tamén a decana da Facultade, María Luz González Caamaño. A continuación, a profesora da Universidade da Coruña Ánxela Bugallo pronunciará a conferencia ‘ Casares e a súa relación coas ciencias naturais’.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.11.2012.