Ir o contido principal

A Facultade de Ciencias celebra a graduación da segunda promoción de titulados en Nutrición Humana e Dietética

Estudantes da segunda promoción do grao en Nutrición Humana e Dietética, na Facultade de Ciencias
Estudantes da segunda promoción do grao en Nutrición Humana e Dietética, na Facultade de Ciencias

A Facultade de Ciencias do campus de Lugo da USC celebrou este venres o acto académico de graduación da segunda promoción de titulados/as en Nutrición Humana e Dietética, unha sesión na que participaron 21 dos estudantes que completaron a formación deste título de grao universitario no período comprendido entre 2011 e 2015. O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, presidiu a celebración académica, que se desenvolveu no salón de actos do centro universitario lugués, onde tamén se deron cita ademais dos estudantes e os seus familiares, un nutrido grupo dos docentes que se ocuparon da súa formación ao longo destes anos. O decano da Facultade de Ciencias, José Manuel Martínez Ageitos; a coordinadora do título de grao en Nutrición Humana e Dietética na USC, Olga Díaz Rubio; a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o vicepresidente da Deputación Provincial de Lugo, José Antonio García López, foron outros dos relatores que interviñeron neste acto de despedida dos integrantes da segunda promoción de graduados en Nutrición Humana e Dietética egresados da Facultade de Ciencias do campus de Lugo da USC. Martínez, Méndez, Bueno, García e Díaz, na Facultade de Ciencias

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.07.2015.