Ir o contido principal

Filosofía celebra un acto de agradecemento ás institucións colaboradoras na realización das prácticas académicas externas

A vicerreitora Celia Besteiro presidiu o acto de agradecemento
A vicerreitora Celia Besteiro presidiu o acto de agradecemento
O pasado ano académico foi o primeiro no que se realizaron as devanditas prácticas no marco do grao en Filosofía
Santiago de Compostela

A vicerreitora de Organización Académica da USC, Celia Besteiro, presidiu este xoves o acto de agradecemento ás institucións colaboradoras na realización das prácticas académicas externas do grao en Filosofía. 

Fundación Eugenio Granell, Valedor do Pobo de Galicia, Consello da Cultura Galega, Fundación Penzol e o Grupo parlamentario do BNG son as entidades nas que o alumnado puido desenvolver as súas prácticas durante o ano académico 2018-2019, o primeiro no que se ofertaron este tipo de prácticas dentro do grao en Filosofía. 

Xunto a Besteiro, o decano da Facultade de Filosofía, Marcelino Agís, tamén tomou parte neste acto de agradecemento. 
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.12.2019.