Ir o contido principal

Filosofía reflexiona nun coloquio sobre a saúde mental

A Facultade de Filosofía da USC acolle este xoves 7 a mesa-coloquio ‘Que podemos facer pola saúde mental? Unha achega multidisciplinar con motivo do Día Mundial da Saúde Mental’. Organizado pola profesora Esperanza Guisán, o coloquio comezará ás 19:00 horas coa participación do vicerreitor de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade, Javier Garbayo; do presidente do Tribunal Superior Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadena; do catedrático de Psicoloxía Clínica, Emilio Gutiérrez; da directora da Escola de Enfermaría, Mª Jesús Núñez; e do director do Centro Psiquiátrico La Robleda –pendente de confirmación-.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.10.2010.