Un foro reflexiona sobre o vínculo entre educación e os obxectivos de desenvolvemento sostible

‘A educación e os obxectivos de desenvolvemento sostible. Horizonte 2030' é o titulo do Conferencia Mundial sobre Educación 2023 que ata o 18 de febreiro ten lugar en Santiago de Compostela. O reitor Antonio López participa no acto inaugural que se desenvolve a partir das 16.00 horas deste xoves 16. Por parte da USC, interveñen no encontro, ao longo das diversas xornadas, os profesores Mar Lorenzo, José Antonio Caride Gómez, José Manuel Touriñán López, Antonio Rial Boubeta, Carmen Torres Maroño e Silvana Longueira Matos.
A conferencia céntrase en tres grandes áreas: quen educa, a educación como vía para transformar e humanizar e a educación cara ao coidado do planeta. Con estas liñas de traballo, o encontro, que conta coa colaboración de numerosas entidades entre as que se atopa a USC congrega na cidade un nutrido grupo de especialistas en educación da contorna internacional.