Ir o contido principal

A Fundación Dieta Atlántica presentouse a empresas do sector agroalimentario

A Fundación Dieta Atlántica presentouse a empresas do sector agroalimentario
A Fundación Dieta Atlántica presentouse a empresas do sector agroalimentario

A modo de presentación institucional, o reitor Juan Casares mantivo este xoves un encontro con empresas da Plataforma Tecnolóxica Galega Agroalimentaria co obxecto de darlle a coñecer a Fundación Dieta Atlántica. Ao encontro, no que tamén interveu o profesor Rafael Tojo, responsable científico da Fundación, asistiron preto de trinta empresas. A finalidade desta xornada é facer partícipes ás empresas do sector agroalimentario galego das actividades e potencialidade da Fundación Dieta Atlántica, organismo creado pola USC que fomenta o estudo, a investigación e a difusión da dieta atlántica para a saúde e o benestar da poboación.

Esta primeira toma de contacto co sector produtivo abre as portas a futuras colaboracións para o desenvolvemento de proxectos que profunden dende o rigor científico na influencia positiva da dieta atlántica para a saúde. Neste senso, a propia Plataforma Tecnolóxica Galega Agroalimentaria representa unha destacada ferramenta de interacción na que xa se dan cita o sector produtivo e as institucións e entidades dedicadas á investigación en Galicia.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.07.2010.