Ir o contido principal

A Fundación USC Deportiva organiza este xoves unha nova rutas de ‘Camiño ao Gaiás’

A Fundación USC Deportiva organiza este xoves unha nova rutas de ‘Camiño ao Gaiás’
A Fundación USC Deportiva organiza este xoves unha nova rutas de ‘Camiño ao Gaiás’

A Fundación USCDeportiva organiza este xoves 9 a segunda sesión de Camiño ao Gaiás, unha iniciativa que contará con once roteiros a celebrar todos os xoves do verán ata o 10 de setembro. A actividade repetirase ininterrompidamente cun percorrido de 3,5 quilómetros que comezará ás 17.15 horas con saída dende o Museo do Pobo Galego. Para participar neste itinerario gratuíto é necesario inscribirse previamente a través do formulario dispoñible na web da Fundación USC Deportiva. A inscrición pode realizarse ata ás 14.00 horas do mesmo día da ruta. O traxecto discorre pola rúa de San Domingos de Bonaval, a rúa San Pedro, o parque e convento de Belvís e o Seminario Menor para logo continuar ata o Museo Centro Gaiás onde está prevista unha visita guiada á exposición ‘Camiño. A orixe’, unha mostra onde se ofrece unha visión contemporánea da ruta xacobea. A hora de finalización estimada desta actividade é as 19.30 horas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.07.2015.