O Grupo Compostela lanza o seu II Concurso Internacional de Vídeos para estudantes
O Grupo Compostela de Universidades (CGU) convoca un ano máis o seu concurso internacional de vídeos para estudantes que premiará aquel que con maior orixinalidade promocione a súa institución universitaria ou o propio CGU. As Universidades dispoñen de prazo ata o 1 de novembro para manifestar a súa intención de participar. O gañador será convidado á próxima asemblea xeral do Grupo, que terá lugar en setembro do 2013 en Nantes (Francia) nunha sesión na que verá reproducido o seu traballo que ademais se difundirá a través das diferentes plataformas de comunicación das que dispón o GCU.