Ir o contido principal

O grupo de investigación Episteme organiza o décimo Coloquio Compostelán de Lóxica e Filosofía Analítica

Baixo o lema ‘Actitudes cognitivas e xustificación do coñecemento’, o grupo de investigación Episteme organiza esta semana, do mércores 27 ao venres 29, na Facultade de Filosofía o X Coloquio Compostelán de Lóxica e Filosofía Analítica, que dará comezo ás 16:00 horas coa intervención do profesor Bernard Linsky, da Universidade de Alberta (Canadá). Durante os tres días do encontro intervirán expertos de universidades españolas, canadenses, italianas, inglesas e portuguesas, que disertarán sobre as cuestións formuladas polo grupo de investigación que coordina a profesora da USC Concha Martínez. Homenaxe a Juan Vázquez As persoas asistentes renderanlle na tarde do xoves 28 unha homenaxe ao profesor da USC Juan Vázquez Sánchez polos seus corenta anos de actividade filosófica, que comezará xustamente cun relatorio do profesor titulado ‘Os enunciados de percepción e o seu valor de verdade: a xustificación empírica do coñecemento’.

Logo da súa intervención desenvolverase unha mesa redonda na que participarán Pascual Martínez Freire, da Universidade de Málaga; María Caamaño, de Valladolid; Sofía Miguens, de Porto; e José Luis Falguera, Uxía Rivas, José Miguel Sagüillo e Luis Villegas, da USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.10.2010.