A Igrexa da Universidade alberga a exposición das obras finalistas de artes plásticas do certame Xuventude CREA
A Igrexa da Universidade exporá ata o 9 de novembro as obras finalistas da modalidade de artes plásticas do certame Xuventude Crea que organiza a Consellaría de Traballo e Benestar. Así, de luns a sábado poderanse contemplar os traballos en escultura de Óliver Requeijo Fernández, Basilia Fiestras Cachafeiro, Carmen Álvarez Campo, Tania Pérez Arribas e Laura Piñeiro Meana; de pintura de Humberto Loureiro Argullós, Olmo Blanco Fuentes, Aida Pérez Donoso, Aida Estrella Vigo Edreira, Soraya Redondo Taboada, Jacobo Lorenzo Nespereira, Marta López López, Joan Morera Arbones e Luis Iván Estévez Martín; e de fotografía de Fabio Alonso Comesaña, Alicia Seoane Orro, Marta González Suárez, Lis García Calvo, Andrea Velado Díaz e Sara Baños Martínez.
Na convocatoria deste ano do Xuventude Crea participan máis de 300 mozos e mozas de entre 16 e 30 anos con 245 proxectos en 11 modalidades artísticas diferentes: teatro, artes plásticas, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis, deseño de xoias e monólogos. Ademais dos premios do certame, os primeiros clasificados en artes plásticas poderán participar en exposicións colectivas incluídas no Circuíto galego de creatividade xuvenil.