Ir o contido principal

A Igrexa da Universidade mostra na exposición ‘Sucesores de Pedro en Galicia’ as visitas papais a Compostela

A fotografía é a protagonista desta mostra
A fotografía é a protagonista desta mostra

‘Sucesores de Pedro en Galicia’ relata en imaxes os detalles dunha peregrinación papal a Compostela, poñendo en foco ás personaxes da historia e á propia cidade. A exposición identifica aos pontífices máis vinculados a Compostela a través dunha selección das imaxes que o fotógrafo Manolo Blanco tomou das visitas apostólicas a Santiago de Xoán Paulo II en 1982 e 1989. A exposición inaugurouse este martes nun acto que contou coa presenza do vicerreitor de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade, Javier Garbayo; dos conselleiros de Presidencia e de Cultura e Turismo, Alfonso Rueda e Roberto Varela, respectivamente; do arzobispo de Santiago, Julián Barrio; xerente do Xacobeo, Ignacio Santos Cidrás; o fotógrafo, Manuel Blanco; e o comisario da mostra, César Abella. Tomando a fotografía como referencia, a exposición testemuña de modo directo a expectación suscitada polas visitas papais a Compostela, o ambiente que as envolveu e a implicación da cidade en dous acontecementos que se teñen incorporado a súa propia historia. O fotografo Manolo Blanco, ex redactor xefe do xornal El Correo Gallego, facilita este achegamento a través do seu traballo áxil e certeiro. O autor

Os premios Galicia de Xornalismo, Galicia de Comunicación, e Fotoperiodismo Fundación Caixa Galicia son algúns dos galardóns que trazan a relevancia do traballo de Manolo Blanco, quen tamén alcanzou a final dos premios nacionais Foto Press.

A inauguración celebrouse na Igrexa da Universidade este martes

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.11.2010.