Interesante proposta da Orquestra do Espazo de Cámara da USC para este domingo

Participa nas Xornadas de Música Contemporánea cun concerto para toda a familia ás 13.00 horas no CGAC
A Orquestra do Espazo de Cámara da USC ofrecerá este domingo 28 un concerto enmarcado nas Xornadas de Música Contemporánea organizadas conxuntamente pola USC, o Auditorio de Galicia e o CGAC. No recital, ás 13:00 horas no auditorio do CGAC con entrada libre, a orquestra universitaria presentará un curioso e divertido programa didáctico inspirado na atmosfera do Samaín para que nenos e maiores se acheguen (sen medo) á música contemporánea. Unha interesante proposta para unha mañá de domingo en familia.