Ir o contido principal

O IV ciclo pechou este sábado unha nova promoción con 56 graduados

O IV ciclo pechou este sábado unha nova promoción con 56 graduados
O IV ciclo pechou este sábado unha nova promoción con 56 graduados

O Salón Nobre do Colexio de Fonseca acolleu este sábado o acto de fin de curso do programa de formación de maiores IV Ciclo Universitario no que participaron 56 alumnos e alumnas, 15 da primeira promoción de graduados senior 2012-16 (plan de estudos novo) e 41 da décimo quinta do plan vello 2011-2016.

A clausura, que presidiu o vicerreitor de Oferta Docente e Innovación, Roberto López, comezou coa intervención das alumnas Lourdes Cambón Sanz e Mª Cruz Vázquez Veiga; os padriños das promocións, os docentes da USC Carlos Baliñas Fernández e Dolores Barral Rivadulla; e a directora do IV Ciclo, Mª Esther Olveira Olveira.

A continuación entregáronse as insignias aos graduados senior e impúxoselle a beca ao excelsor Aniceto Panadero Vázquez. O acto pechouse coa entrega dun agasallo ao director do Programa Universitario de Maiores da Universidade de Estremadura, que se atopa estes días de intercambio en Santiago xunto cun grupo de estudantes do ciclo, e as intervencións de representantes do Concello e da Xunta de Galicia.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.05.2016.