Ir o contido principal

O IV Ciclo preséntase á comunidade universitaria luguesa

O IV Ciclo Universitario, o programa formativo dirixido a persoas maiores de 50 anos, celebrará o vindeiro xoves 30 no Campus de Lugo unha xornada de presentación aos integrantes da comunidade universitaria e máis especificamente para estudantes que o pasado curso se iniciaron neste ciclo.

A presentación celebrarase a partir das 18:00 horas na Aula 17 (Pavillón III) da Escola Politécnica Superior de Lugo, coa presenza do coordinador destes estudos no campus lugués, Emilio Carral. Actualmente o prazo de matrícula para o IV Ciclo permanece aberto ata o próximo día 8 de outubro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.09.2010.