Ir o contido principal

Iván Ferreiro pecha este mércores en Lugo a cuarta edición do ciclo ‘Entre Lusco e Fusco’

Iván Ferreiro
Iván Ferreiro

Iván Ferreiro presentará este mércores 21 en Lugo o seu terceiro traballo en solitario, Picnic Extraterrestre, nun concerto que pechará a cuarta edición do ciclo ‘Entre Lusco e Fusco’ organizado ao amparo do convenio Lugo Cultural. A actuación comezará ás 21:00 horas no anfiteatro do Parque Rosalía de Castro, xa que un dos obxectivos deste programa musical é promover a recuperación de zonas naturais como espazos escénicos. En caso de choiva, o recital celebrarase no Auditorio Gustavo Freire. En Picnic Estraterrestre, o cantante vigués presenta un álbum menos de grupo e máis de cantante que os precedentes, no que fai medrar a súa voz, buscando e acadando novos rexistros. Trátase dunha obra penetrante e dominada pola intensidade emocional e os climas musicais á que sobrevoa unha certa sensación de catarse.

Con vinte anos de traxectoria musical dende que comezara xunto a Los Piratas, Iván Ferreiro combina neste novo traballo a mellor tradición pop coa investigación e a innovación constante para falar do pracer e da dor, da vida en definitiva.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.07.2010.