Ir o contido principal

Jesús López Romalde, novo vicerreitor de Titulacións e Persoal Docente e Investigador

O profesor Jesús López Romalde, novo vicerreitor de Titulacións e Persoal Docente e Investigador
O profesor Jesús López Romalde, novo vicerreitor de Titulacións e Persoal Docente e Investigador

O profesor da Facultade de Bioloxía Jesús López Romalde, ata agora director do Centro de Posgrao, será o novo vicerreitor de Titulacións e Persoal Docente e Investigador da USC en substitución de Carmen Fernández Morante, que cesou este luns por petición propia. O acto de toma de posesión, presidido polo reitor Juan Casares Long, será este mércores 28 ás 12.00 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome. Jesús López Romalde é catedrático de Microbioloxía e na actualidade lidera tres proxectos de investigación relacionados con patoloxía de moluscos e virus entéricos. Antes de dirixir o Centro de Posgrao da USC foi secretario do Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.11.2012.