Ir o contido principal

Lugo Cultural presenta un concerto de Berrogüetto dentro do ciclo Lubicán

O diñeiro recadado destinarase ao proxecto da Casa Museo Manuel María

Representantes das cinco institucións que conforman Lugo Cultural: a USC, a Xunta de Galicia, a Deputación Provincial, o Concello de Lugo e a Fundación Caixa Galicia, presentarán este xoves 13 ás 11:30 horas na Sala de Prensa da Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo o concerto que Berrogüetto ofrecerá o vindeiro xoves 20 na capital luguesa dentro do ciclo Lubicán, e co que a formación axudará á compra da casa natal do poeta Manuel María para convertela en Casa Museo.
Na presentación estarán o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero; o delegado territorial da Xunta de Galicia, José Carlos Rodríguez Andina; o delegado de Cultura da Deputación Provincial, Antonio Veiga; a concelleira de Cultura do Concello de Lugo, Nuria Mundiña; e o xerente territorial da Fundación Caixa Galicia, Sinesio Pérez. Tamén asistirán ao acto os compoñentes de Berrogüetto, Guillerme Fernández e Santiago Cribeiro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.05.2010.