Luz Gigirey toma posesión como directora da Escola de Óptica e Optometría
A profesora Luz Gigirey Prieto participará este xoves, día 30, na toma de posesión protocolaria como directora da Escola de Óptica e Optometría da USC. O acto, que terá lugar ás 14:00 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome, estará presidido polo reitor Juan Casares Long e a el asistirá ademais o resto do equipo de goberno da Escola, a subdirectora María del Carmen Bao e o secretario Jorge Gilino.