Ir o contido principal

María José López Couso toma posesión como decana da Facultade de Filoloxía

A profesora María José López Couso tomará posesión como decana da Facultade de Filoloxía da USC o luns 25 ás 14.00 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome. O acto estará presidido polo reitor Juan Casares Long. López Couso, vicedecana do anterior equipo de goberno liderado por Ernesto González Seoane, é profesora titular do Departamento de Filoloxía Inglesa e Alemá da USC. Ademais da súa actividade en Compostela, nos últimos anos levou a cabo tarefas docentes e de investigación nas universidades de Edimburgo, Freiburg, Glasgow, Helsinki, Xaén, Málaga, Manchester, Munich, Murcia, Vigo e University College London.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.06.2012.