Ir o contido principal

O martes 4 producirase unha eclipse parcial do Sol

O fenómeno comezará ás 7:40 horas e estenderase ata as 12:00 horas

Este martes 4 amencerá cunha eclipse parcial do Sol que se estenderán entre as 7:40 e as 12:00 horas, rexistrando o seu maior grao ás 9:51 horas. Segundo explica o director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, José Ángel Docobo, no momento de grao máximo a Lúa, observada dende Galicia, chegará a tapar case a metade do diámetro solar. Tendo en conta, as predicións meteorolóxicas para a xornada, é previsible que na parte occidental de Galicia vai haber moitas máis dificultades que nas provincias do interior para avistar o fenómeno. O profesor Docobo lembra que “non se debe mirar ao Sol directamente nin con gafas nin tampouco utilizando radiografías”. Neste senso, sinala como o método máis seguro a proxección da imaxe do astro sobre un cartolina ou parede, así como empregando gafas especialmente concibidas para este fin. Coma última recurso, sinala o director do Observatorio da USC, pódense utilizar os cristais de soldadura autóxena “pero só mirando a intervalos curtos”. Dado que a eclipse se producirá co Sol bastante cara ao Leste-Sueste, dende o Observatorio Astronómico recomendan para a súa observación situarse en lugares que teñan esta parte do horizonte ben despexada.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.01.2011.