Ir o contido principal

A matrícula no programa de extensión cultural do Observatorio Astronómico da USC deberá formalizarse este luns

O Programa de Extensión Cultural de Astronomía (PECAS) do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC chega este curso á súa décimo sexta edición, aberta dende o pasado ano a toda a cidadanía. Para a comunidade universitaria ofértanse 400 prazas cuxa matrícula terá lugar este luns 29, a partir das 12.00 horas por internet e de 20.00 a 22.00 horas no Observatorio. Ese mesmo día rematará a matrícula para o público en xeral, que deberá facer a inscrición na Área de Cultura da USC sita na Reitoría (Colexio de San Xerome). O PECAS, unha actividade de extensión cultural xa consolidada na USC, contempla sesións de observación con telescopios do Observatorio da lúa, planetas, estrelas dobres, cúmulos estelares, nebulosas, galaxias, etc., ademais dunha observación do Sol e a localización a simple vista de constelacións. Inclúe tamén varias charlas sobre temas astronómicos de actualidade e visualización de vídeos. O seguimento desta actividade, que se prolongará ata maio, permitirá convalidar 1 crédito ECTS ao alumnado dos distintos Graos e 1 de libre configuración para as licenciaturas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.10.2012.