Medicina e Odontoloxía celebra a súa festividade coa homenaxe ao profesorado xubilado o pasado curso
A Facultade de Medicina e Odontoloxía da USC celebrou este luns 17 a festividade de San Lucas, acto institucional que serviu de marco para render tributo ao profesorado xubilado no curso 2021-2022. O reitor Antonio López presidiu a sesión que contou coa lección maxistral ‘Aspectos xurídicos da pseudociencia’, a cargo do avogado do Estado Juan José Vázquez-Portomeñe.
Xunto ao reitor interviñeron no acto, o decano do centro, Julián Álvarez; Angela Torres Iglesias, vicedecana de Intercambios Innovación Docente e Calidade; Mª Jesús Mora Bermudez, vicedecana de Odontoloxía; José Carreira Villamor, vicedecano de Clínicas; Mª Pilar Fernández Rodríguez, secretaria académica da Facultade; e Eloina Nuñez Masid, xerente do Hospital Clínico.
A secretaria académica foi a encargada de dar lectura á entrega de placas honoríficas da Facultade ao profesorado xubilado durante o curso 2021-2022. Miguel Ángel Cainzos Fernández, Luis Alberto Gómez Segade, Ángela Peñalva Maqueda, José Manuel Pumar Cebreiro, Benito José Regueiro Garcia, Ernesto Juan Smyth Chamosa e Ramón Soto Otero foron os profesores e profesoras recoñecidas.