Ir o contido principal

O Ministerio de Defensa renova a cesión da Casa do Hórreo á USC

É un dos edificios nos que vertebra a súa actividade a Estación de Bioloxía Mariña da Graña

O reitor Juan Casares asinará o vindeiro luns 22 a renovación do acordo de cesión á USC por parte do Ministerio de Defensa da Casa do Hórreo, un dos dous edificios sobre os que se asenta a Estación de Bioloxía Mariña da Graña (Ferrol). A sinatura celebrarase a partir das 12:00 horas na propia Estación da USC nun acto no que tamén participarán o delegado de Defensa en Galicia, o capitán José Abad, e o xefe de Patrimonio da Subdelegación de Defensa en Galicia, o tenente coronel Luís Seselle. Asisten ademais o equipo directivo da Estación que dirixe o profesor Victoriano Urgorri e o vicerreitor de Investigación, Francisco González. A renovación desta cesión asinada por vez primeira en 1998 realízase por un novo período de dez anos, podendo prorrogarse por período iguais de tempo ata un máximo de 75.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.11.2010.