Ir o contido principal

Mostra de cinema experimental e de vangarda no Ciclo de cinema filosófico

Mostra de cinema experimental e de vangarda no Ciclo de cinema filosófico
Mostra de cinema experimental e de vangarda no Ciclo de cinema filosófico

O Ciclo de cinema filosófico organizado pola Facultade de Filosofía prosegue este mércores 8 cunha sesión dedicada ao cinema experimental e de vangarda que presentará Xavier de Donato ás 18.30 horas no Salón de Actos da Facultade.

Na sesión proxectaranse pezas do período 1945-2001 de Norman McLaren, Len Lye, Hy Hirsh, Stan Brakhage, Jordan Belson, Hollis Frampton, Peter Tscherkassky, Takashi Ito e Jan Švankmajer.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.05.2019.