O Museo Casa da Troia presenta unha edición especial da novela homónima de Pérez Lugín
O Museo Casa da Troia presentará o vindeiro luns 13 unha edición especial da novela La casa de la Troya, de Alejandro Pérez Lugín, que inclúe un limiar póstumo do mecenas e impulsor do museo Casa da Troia, Benigno Amor Rodríguez, da que se tiraron setecentos cincuenta exemplares A presentación, a celebrar a partir das 11:00 horas na sede do Museo (r/ da Troia 5), contará coa asistencia do reitor Juan Casares en calidade de presidente do Padroado do Museo, quen ademais realizará unha visita ás instalacións. A Asociación de Antigos Tunos Composteláns, responsable da xestión directa do museo, fará balance neste mesmo acto da temporada que agora remeta e anunciará unha xornada de portas de abertas para o último día antes de pechar por este ano, o vindeiro mércores 15 de decembro.