O Museo de Historia Natural incorpora expositores temporais sobre invasións biolóxicas
O Museo de Historia Natural da USC incorpora ás súas exposicións temporais, unha serie de expositores temáticos sobre o problema xeral das invasións biolóxicas. O novo material completa a exposición temporal ‘Vespa velutina: Unha invasión imparable’, aberta ao público dende xuño de 2018. A mostra consiste nun conxunto de paneis, elaborados pola rede Alien Species Network (ASN), financiada pola Xunta de Galicia, que está integrada por investigadores das tres universidades galegas e da universidade portuguesa de Coimbra.
Nos paneis amósanse unha representación dalgunhas das especies exóticas invasoras vexetais e animais máis representativas dos ecosistemas máis próximos, tanto terrestres como acuáticos (uña de gato, herba da pampa ou tartaruga de Florida, entre outros) e inclúese información sobre as estratexias de prevención, control e restauración, os danos ambientais, e a súa repercusión para a biodiversidade nativa. Esta exposición tenta divulgar, cunha linguaxe sinxela, un gran problema ambiental para Galicia e contribuír a unha maior concienciación social do mesmo.
Complementan a exposición temporal sobre a velutina Están elaborador pola rede Alien Species Network