Ir o contido principal

O Museo Universitario A Domus do Mitreo amplía o seu horario de apertura ata o domingo co gallo do ‘Arde Lucus’

Ara mitraica achada nas escavacións do xacemento romano convertido en Museo Universitario A Domus do Mitreo
Ara mitraica achada nas escavacións do xacemento romano convertido en Museo Universitario A Domus do Mitreo
As dependencias do museo abren este venres ata as 22.00 horas. A apertura do sábado prolóngase de 10.30 a 22.00 horas e o domingo será de 11.00 a 20.00 horas

O Museo Universitario A Domus do Mitreo, con sede na edificio anexo á Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo, amplía o seu horario de apertura desde este venres ata o domingo 14 de xuño co gallo da celebración das festas do Arde Lucus.

O Museo Universitario A Domus do Mitreo permanecerá estes tres días aberto de xeito ininterrompido. Así, as persoas interesadas en achegarse este venres ao xacemento arqueolóxico localizado baixo a Casa do Saber, poderán visitalo ata as 22.00 horas. O horario de apertura destas instalacións universitarias previsto para o sábado 15 de xuño esténdese desde as 11.00 horas ata as 22.00 horas.

O domingo 16 de xuño, coincidindo coa última xornada do Arde Lucus de 2019, as dependencias do Museo Universitario A Domus do Mitreo permanecerán accesibles ao público interesado en quenda de 11.00 a 20.00 horas.

A ampliación do horario de apertura habitual deste enclave museístico ca capital luguesa durante esta fin de semana, na que se agarda a visita de varios centenares de miles de persoas ata Lugo, responde precisamente á intención ofrecer a máxima flexibilidade horaria posible para que todas as persoas interesadas en coñecer tanto a ara do templo mitraico como o resto das dependencias e outras pezas achadas no xacemento arqueolóxico que o acubilla poidan facelo estes días.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.06.2019.