Ir o contido principal

Narrativas dixitais, novas formas de contar e informar

Narrativas dixitais, novas formas de contar e informar
Narrativas dixitais, novas formas de contar e informar
UNIVERSIDADE DE VERÁN 2015

As narrativas dixitais como soporte de produtos comunicativos e culturais centrarán un curso de verán que se desenvolverá do 1 ao 6 de setembro en Ciencias da Comunicación organizado polo proxecto campUSCulturae. O prazo de matrícula remata o 21 de agosto. O curso estrutura tematicamente as súas xornadas de maneira que a primeira se dedicará ao xornalismo de datos coa participación das xornalistas Mar Cabra e Karma Peiró, e na segunda día Xaquín González Vieira e Rafa Hör reflexionarán sobre a visualización de datos. A terceira sesión tratará a interactividade como ferramenta artística, o xornalismo colaborativo e o viral, para rematar cunha mesa redonda sobre as tendencias do xornalismo dixital na que, moderada por Borja Echevarría, intervirán representantes de El Español El Confidencial LAB e El Extrarradio. Os tres últimos días dedicaranse ao docuwebs e as series transmedia, aos especiais interactivos e á presentación do Hackathon campUSCulturae sobre diversidade, inclusión e minorías. Os responsables deste curso de verán recomendan acudir a el con ordenador propio e cámara de fotos a fin de participar nas diversas actividades prácticas previstas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.07.2015.