Obradoiro de introdución á computación cuántica na Facultade de Física
Dirixido a toda a comunidade universitaria
Do 28 de febreiro ó 21 de marzo desenvolverase na Facultade de Física da USC un obradoiro introdutorio, cun enfoque práctico, centrado en computación cuántica para problemas de optimización.
As sesións serán os días 28 de febreiro e 7 e 14 de marzo de 15.00 a 19.00 horas, ademais dun hackathon o 21 de marzo durante todo o día.
O obradoiro, con 70 prazas, está dirixido a toda a comunidade universitaria, con especial atención a estudantes das Facultades de Física, Matemáticas, Ciencias Económicas e ETSE. O período de inscrición, a través da secretaría virtual, comeza o 1 de febreiro e finaliza o día 9.