Ir o contido principal

Obradoiro de maduración de ideas emprendedoras na Aula de Produtos Lácteos

Uniemprende-Lugo dá continuidade ao seu traballo coas persoas que participan no obradoiro de emprego da Aula de Produtos Lácteos agora a través dun taller de xeración e maduración de ideas empresariais. A actividade iníciase este martes 30 e terá lugar nas instalacións da Aula repartida en tres sesións; as próximas serán os días 3 e 10 de decembro. A iniciativa, que se desenvolve despois dun primeiro seminario que foi dedicado á Difusión e Creación de Empresas, enmárcase dentro dos obxectivos do programa Uniemprende da USC para difundir a cultura emprendedora.

A nova actividade é unha ferramenta de formación mixta destinada a que os 30 alumnos do obradoiro poidan xerar, madurar e avaliar unha idea de negocio. Para isto realizarán unha primeira aproximación á viabilidade económica do proxecto así como ao seu potencial.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.11.2010.