Ir o contido principal

O Observatorio Astronómico convida a observar o ceo esta noite

O Observatorio Astronómico Ramón María Aller organiza hoxe, luns 19, un "anoitecer de verán" que consiste nunha xornada pública de observación astronómica de dúas horas a partir das dez da noite. Os organizadores agardan poder contemplar os planetas Venus, Marte e Saturno despois da posta do Sol, xunto coa lúa en cuarto crecente e algunhas estrelas de referencia.

Con obxecto de ter un control de asistencia, precísase que as persoas interesadas contacten co Observatorio ben por teléfono (981 592747, de 12 a 14.30 e de 18 a 20 horas) ou ben por correo electrónico: oasec [at] usc.es (oasec[at]usc[dot]es).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.07.2010.